Saturday 20 de April de 2024

Pintado do muro exterior do Cemiterio Municipal de As Somozas


O Concello das Somozas continúa a súa aposta polo coidado e preservación dos espazos públicos do municipio. Tanto é así que, na liña dos seus obxectivos, vén de rematar o pintado dos muros exteriores do cemiterio municipal, no lugar da Igrexa, que xa goza do aspectos que podedes ver nas imaxes.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destaca que “se trata dunhas tarefas moi necesarias e que responden ás demandas da veciñanza”, subliñando que “continuaremos mellorando As Somozas para que os seus recunchos gocen do mellor aspecto posible”.